Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ESCRITOR GADITANO JOHN SULLIVAN PRESENTARÁ NA BIBLIOTECA A SÚA NOVELA "LOLA, DESPUÉS DEL FARO"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que o acto dará comezo ás 18:00 horas
Narón, 26 de febreiro de 2025. A Biblioteca municipal acollerá este venres, día 28, o acto de presentación do libro “Lola, después del Faro”, a última novela do escritor gaditano John Sullivan. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, informou que a convocatoria dará comezo ás 18:00 horas e contará coa participación da escritora naronesa Isabel Ramos Breijo, que acompañará ao autor nesta ocasión tan especial. John Sullivan naceu en San Fernando (Cádiz) o 17 de decembro de 1980 e dende a adolescencia desenvolveu unha grande afección pola literatura e, especialmente, pola escritura. A obra que presentará na cidade, “Lola después del Faro”, (ExLibric, 2024) é unha novela curta de misterio que retoma a historia iniciada en El Faro de Estela. Neste novo libro, o autor profundiza na trama e na historia dos personaxes, reducindo o erotismo a detalles puntuais. Se na primeira novela falaba de amor, perdón e redención, esta obra centra o seu relato na amizade pura, na importancia das pequenas cousas e en cómo a tenrura e os bos sentimentos poden vencer o odio, encarnado polo antagonista Rafael. Unha das curiosidades desta obra é o uso da música en español dos anos 90, que serve como fío condutor da trama, nomea os capítulos e achega simbolismo a través das súas letras. Tras gañar o Premio Pimienta de relato erótico nas súas edicións de 2018 e 2019, Sullivan publicou en 2021 o seu primeiro libro: “Nombres de mujer”. Un ano máis tarde combinou o erotismo con tramas de misterio na novela El Faro de Estela. A presentación será unha oportunidade única para achegarse ao autor, descubrir os detalles que hai tras a novela e gozar dun evento literario especial. O acto está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala e á finalización do mesmo todas as persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar desta obra.

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal