Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA IMPARTIRÁ MAÑÁ UN OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE PATINETES E CASCOS DIRIXIDO A NENAS E NENOS NO CENTRO COMERCIAL NARÓN
O Concello e o Centro Comercial Narón colaboran nesta actividade, tal e como recordou o edil de Seguridade Cidadá, José Oreona
Narón, 15 de abril de 2025. O Concello organiza a través da Concellaría de Seguridade Cidadá, presidida polo edil José Oreona, e en colaboración co Centro Comercial Narón, un obradoiro para decoración de cascos e patinetes dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos. O equipo de Educación Viaria de Narón, integrado por Pedro Caneiro e Sonia López, será o encargado de impartir esta actividade, de balde e que non precisa inscrición previa. Haberá dúas sesións, unha de 11:00 a 12:00 e outra de 12:00 a 13:00 horas, e os menores non precisarán levar material, xa que se lles proporcionará no momento de levar a cabo a actividade. Dende o Concello agradeceuse a colaboración do Centro Comercial Narón para levar a cabo iniciativas como a de mañá e tamén outras vencelladas á área de educación viaria.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal