Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU AS INSTALACIÓNS DE ASPANEPS NUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA ENTIDADE
Marián Ferreiro acudiu á xornada acompañada polos edís naroneses María Lorenzo e Román Romero
Narón, 16 de abril de 2025. A Asociación de Pais de Nenos con problemas Psicosociais (Aspaneps), con sede social e un centro ocupacional no municipio de Fene, programou hoxe unha xornada de portas abertas. Á convocatoria acudiu a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acompañada da edil de Benestar Social, María Lorenzo e do voceiro do grupo de goberno, Román Romero, que xunto a persoal da entidade coñeceron as instalacións e parte dos obradoiros que levan a cabo nas mesmas. Un obradoiro de serigrafía, un espazo de cociña, outro para reciclaxe de plásticos… forman parte das diferentes dependencias de Aspaneps que visitaron os representantes do goberno local e sobre cuxo funcionamento os informaron tanto o persoal como usuarias e usuarios do centro, dende onde se atenden necesidades específicas de persoas nos ámbitos pedagóxico, psicolóxico e social co fin de mellorar o benestar persoal e social do colectivo. A alcaldesa, xunto cos dous edís naroneses, interesouse polo traballo que realizan nos obradoiros e mesmo elaborou unha sobremesa seguindo as indicacións dunha das usuarias do centro que acode regularmente ao obradoiro no que cociñan. Coñeceu tamén o labor de serigrafiado que realizan, e no que deseñan libretas en diferentes formatos e o que desenvolven no de reciclaxe de plásticos, facendo diferentes artículos, como medallas e mesmo pequenos raños para mariscadores, nos que se empregan como materia prima tapóns de plástico de diferentes cores. Ferreiro recordou que o Concello de Narón mantén dende hai anos un convenio de colaboración con Aspaneps e destacou o importante labor que desenvolve a entidade nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal “traballando día a día con persoas con discapacidade intelectual co fin de que poidan mellorar a súa autonomía persoal e avanzar nesa tan necesaria inclusión plena na sociedade do colectivo, ao tempo que presta un servizo fundamental para as familias”.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal