Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PUNK ROCK CHEGARÁ AO FESTIVAL TRASANKOS ROCK NARÓN DA MAN DE TROPA DO CARALLO, MANIFA, LENINCAT, LIXO SOZIAL E OUTRAS BANDAS GALEGAS
A venda de entradas para acudir a esta cita continúa a bo ritmo, tal e como aseguran dende a organización
Narón, 23 de maio de 2025. O Concello e a asociación sen ánimo de lucro Trasankos Rock, pecharon o cartel da primeira edición do Trasankos Rock Narón, un evento que se celebrará o vindeiro 7 de xuño pola tarde noite na zona da rúa das Cerámicas, no lugar de Pena Parda (San Xiao). A venda de entradas continúa a bo ritmo para desfrutar dunha xornada que terá como cabeza de cartel a Evaristo Páramos, un dos máximos representantes a nivel nacional e internacional da música punk rock, acompañado do seu grupo, Tropa do Carallo. Subiranse tamén ao escenario deste festival Manifa, un grupo creado no País Vasco e con sete discos no mercado; Arpaviejas, unha banda catalana que este ano celebra os seus 25 anos de carreira musical; Lenincat, un grupo streetpunk de Santiago de Compostela; a banda de punk ferrolá Lixo Sozial e a bada de punk tamén galega Raiade, que ofrecerán ao público a súa música. As entradas seguen á venda en woutick.es e son de balde para os menores de 12 anos, que que terán que ir acompañados por un titor e asinar unha autorización que poden descargar da web: trasankosrock.com. Tamén se poden adquirir no Credence rock bar, na Coruña; no Bartolo, de Santiago; na Taberna El Clavel, en Ferrol e nos establecementos de hostalería El Vagón, La Estrella e La Salmantina, de Narón. Ofrécese ademais ás persoas que acudan unha zona de acampada de balde, que se debe reservar ao mercar a entrada, que ten un custe de 27,50 euros. Así mesmo na zona haberá unha ampla oferta de food trucks –algunha con opción vegana- e unha área camper e para furgonetas, a maiores das xa indicadas de parking e camping de balde.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal