Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ABRIRÁ O VINDEIRO LUNS O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS CAMPAMENTOS CULTURAIS DE VERÁN 2025
A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, avanzou que as inscricións do 2 ao 8 de xuño serán para menores empadroados en Narón, podendo facelo os días 9 e 10 os doutros concellos
Narón, 29 de maio de 2025. O prazo de inscrición nos campamentos culturais de verán do Pazo da Cultura permanecerá aberto dende o vindeiro luns, 2 de xuño, ata o 8 de xuño para as nenas e nenos empadroados en Narón, se ben os días 9 e 10 de xuño se poderán inscribir os doutros concellos, no caso de que queden vacantes. En total, tal e como recordou a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, ofértanse 225 prazas para menores de 3 a 12 anos. As inscricións poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, onde está publicada toda a información e se poden descargar os impresos das inscricións: https://sedeelectronica.naron.es/opensiac/action/eppublicacion?method=enter&te=AC, sendo tamén posible facelo nas oficinas do Pazo da Cultura de xeito presencial, de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres. Os Campamentos culturais de verán desenvolveranse en tres quendas: a primeira será do 30 de xuño ao 11 de xullo; a segunda do 14 ao 24 de xullo e a terceira do 28 de xullo ao 8 de agosto, podendo inscribirse nunha delas ou as tres. A programación dos campamentos desenvolverase polas mañás, de 9:00 a 14:00 horas, podendo tamén solicitar servizo de madrugadores, a partir das 8:00 horas, as familias que o precisen. O prezo para poder asistir é de 80 euros por persoa e quenda. Os grupos dividiranse por idades, de menores de 3 a 5 (30 prazas por quenda); de 6 a 9 (30 prazas por quenda) e de 10 a 12 (15 prazas por quenda). Cada grupo deberá estar formado por un mínimo de 12 e un máximo de 15 menores. Actividades lúdico-educativas como xogos tradicionais, xincanas, baile (tradicional, de salón, moderno, caribeños…), música (coñecemento de instrumentos tradicionais galegos) e teatro forman parte da programación que se desenvolverá nestes campamentos. Así mesmo, inclúense obradoiros sobre reciclaxe e sostibilidade, festas tradicionais, actividades de relaxación e proxeccións de cine, completándose o programa con excursións pola contorna do municipio. A listaxe provisional de admitidos publicarase na Sede Electrónica do Concello o día 12 de xuño a partir das 10:00 horas. Para formalizar a inscrición haberá que realizar o pago da taxa mediante transferencia bancaria –ata o 17 de xuño-, indicando o nome do menor, a idade e a quenda ou quendas seleccionadas e, unha vez realizado o pago, enviar o xustificante ao enderezo de correo electrónico: mc.blanco@naron.gal. Tamén se poderá pagar en efectivo ou con tarxeta bancaria entre os días 12 e 17 de xuño, en horario de 8:30 a 13:30, nas oficinas do Pazo da Cultura. A lista definitiva será publicada na Sede Electrónica de Narón o día 20 de xuño.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal