Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 1.200 ESCOLARES DE CENTROS DE NARÓN PARTICIPARÁN MAÑÁ NA XVII MARCHA CICLISTA ESCOLAR
A celebración deste evento implicará cortes de tráfico na estrada de Castela e outros viais da zona ao paso dos participantes
Narón, 9 de xuño de 2025. O Concello organizou unha nova edición, a décimo sétima, da Marcha Ciclista Escolar, na que mañá participarán uns 1.200 escolares da cidade. O alumnado dos colexios Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal, CRA de Narón, A Gándara, Santiago Apóstol, A Solaina, Ayala e Virxe do Mar participará nesta convocatoria, entrando ao paseo de Xuvia pola rúa Xoán XXIII, así como o centro Maciñeira, de Neda. A saída para os centros será ás 12:15 horas polo paseo de Xuvia, en dirección a Megasa. Dende o Consistorio recordaron que na estrada de Castela e outras próximas aos colexios haberá cortes puntuais de tráfico ao paso da marcha, tanto á ida como á volta aos centros. A marcha organizouse en tres grupos, o primeiro terá a ruta Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Piñeiros, O Feal e CRA de Narón con saída ás 9:30 horas e que se reagrupará na rotonda de Freixeiro sobre as 10:00 ou 10:15 horas. O segundo grupo partirá a esa mesma hora do CEIP Virxe do Mar, que irá co alumnado do Ayala e da Solaina ata o aparcadoiro do Pazo e o grupo 3 sairá ás 9:35 horas das inmediacións do pavillón da Mocidade cos escolares da Gándara e Santiago Apóstol, tamén cara ao aparcadoiro do Pazo.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal