ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS PARA A XESTIÓN DA CAFETERÍA DA CASA DO CONCELLO
As persoas interesadas poderán presentar as propostas ata o día 22 de xullo
Narón, 9 de xullo de 2025. O Concello de Narón mantén aberto ata o vindeiro 22 de xullo –ás 14:00 horas- o prazo de presentación de ofertas ao contrato de concesión do servizo de xestión da cafetería da Casa do Concello.
O prazo de execución do contrato comezará ao día seguinte da sinatura do mesmo, tal e como se especifica na licitación. O periodo da concesión establécese en catro anos, debendo o adxudicatario da mesma aboar un canon de explotación ao Concello de 1000 € anuais.
O procedemento ao completo pode consultarse a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.