Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO SÚMASE COA ASOCIACIÓN CURUXA Á LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS EN GALICIA
O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e Borja Díaz, integrante da asociación Curuxa, anunciaron que o acto, aberto á cidadanía, será este domingo día 21
Narón, 19 de setembro de 2025. O concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e Borja Díaz, técnico en Educación e integrante da asociación Curuxa informaron sobre a celebración, este domingo día 21, da “XVIII Limpeza simultánea de ríos” baixo o lema “Móllate polos ríos”. A convocatoria desenvolverase 16:00 e as 19:00 horas e os participantes concentraranse nas inmediacións da rotonda de Freixeiro, na zona do parque, para iniciar a limipeza do río Freixeiro polo cauce fluvial en dirección ao muíño das Aceas. O Concello aportará material e servizos para poder levar a cabo esta convocatoria, na que tamén participarán activamente representantes do goberno local. Poderán sumarse á mesma todas as persoas que o desexen, debendo levar calzado axeitado –botas de auga- para traballar pola beira do río Freixeiro. As nenas e nenos menores de idade deberán ir acompañados do pai/nai ou titor/a. Para anotarse solicitar máis información sobre esta actividade pódese chamar haberá que chamar aos números de teléfono 627 396 653 ou 722 266 539 e para inscribirse pódese mandar un correo electrónico ao mail: asociacioncuruxa@gmail.com. O proxecto ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental que ten entre os seus obxectivos fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando ferramentas que garantan a súa participación. Dende a organización e o Concello animaron á cidadanía a participar nesta iniciativa medioambiental.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal