Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA QUE OS CENTROS DE ENSINO DA CIDADE SOLICITEN AS ACTIVIDADES QUE OFERTA O CONCELLO EN HORARIO LECTIVO
A edil de Ensino, Olga Ameneiro, informou que se trata de obradoiros de convivencia esscolar e prevención do acoso; de prevención de adiccións tecnolóxicas e consumo responsable das novas tecnoloxías e u de nutrición saudable e de trastornos da conduta alimentaria
Narón, 29 de setembro de 2025. Os centros de ensino de Narón poden solicitar ata o 3 de outubro as actividades que se ofertan dende o Concello para levar a cabo no horario lectivo. Así o recordou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, que recordou que se trata dun obradoiro de convivencia esscolar e prevención do acoso, obradoiros de prevención de adiccións tecnolóxicas e consumo responsable das novas tecnoloxías e un terceiro obradoiro de nutrición saudable e de trastornos da conduta alimentaria. O obradoiro de convivencia escolar e prevención do acoso nos centros de ensino e coas familias consta de sesións grupais ou individuais para o alumnado e obradoiros para profesorado e para familias, de dúas horas de duración en cada un destes últimos casos. Aposta por fomentar habilidades comunicativas asertivas que axuden a crear un clima positivo nos centros. No caso do obradoiro de prevención de adiccións tecnolóxicas e consumo responsable de novas tecnoloxías, trátase de obradoiros de dúas horas de duración para familias e tres sesións dunha hora por grupo de alumnado ou un obradoiro para profesorado de dúas horas. O obradoiro de nutrición diríxese a educación infantil, primaria e secundaria e ten entre os seus obxectivos promover hábitos alimenticios saudables e unha relación equilibrada coa comida e coa imaxe corporal. As sesións grupais co alumnado nas aulas terán unha duración dunha hora e cada obradoiro consta de tres sesións por grupo-aula. En todos os casos pódese consultar a información na web: buscoactividade.naron.gal e tamén dispoñen nesa dirección do formulario de solicitude dos obradoiros. Para solicitalas é preciso enviar un mail a m.carrodeguas@naron.gal. Para máis información tamén se pode contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981 337 700 (extensións 1122, 1108 e 1109) ou escribir un correo electrónico á dirección: omix@naron.gal

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal