Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A TRIXÉSIMO SEGUNDA EDICIÓN DO CICLO TEMPO DE MÚSICA COMEZAESTE DOMINGO NO LOCAL SOCIAL DA PICOTA
As actuacións programadas sucederanse catro fins de semana deste mes e a entrada é de balde
Narón, 3 de outubro de 2025. O Concello de Narón colabora coa Asociación de Veciños do Couto na trixésimo segunda edición do ciclo Tempo de Música, que se iniciará este domingo ás 18:00 horas no local social da Picota, no Couto. A primeira das actuacións correrá a cargo das corais Souto de Leixa, de Meirás (Sada) e Ecos de Chamorro, de Serantes (Ferrol). Todas as actuacións musicais deste ciclo se sucederán as fins de semana, ata o 26 de outubro, no centro cívico social do Couto e con entrada de balde. A convocatoria conta coa colaboración da administración provincial e da Federación de Corais de Galicia (Fecoga). O vindeiro sábado día 11 actuará a Xove Banda de Narón, da Asociación Cultural Musical Sementeira e na xornada do 19 de outubro será o turno da Coral Areosa, de Piñeiros (Narón) e do grupo de acordeóns Os do Xesteira (Narón). A última das citas programadas no marco deste ciclo será o 26 de outubro, coas actuacións de dúas formacións corais, Areas Negras, de Cangas (Pontevedra) e Amistad, da AVV do Couto (Narón). O ciclo Tempo de Música é unha das convocatorias máis asentadas no ámbito cultural da cidade. Dende o Concello subliñouse o labor que desenvolve a entidade veciñal do Couto dende hai moitos anos para manter esta convocatoria, aberta á cidadanía e na que se pon en valor a música, neste caso das corais, bandas e rondallas.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal