Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNS 400 ESCOLARES DA CIDADE PARTICIPAN EN SAÍDAS EN BICICLETA ORGANIZADAS DENDE O CONCELLO
O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, destacou a implicación de todas as persoas implicadas nesta iniciativa
Narón, 16 de outubro de 2025. Preto de 400 escolares de educación Primaria de Narón participan nas saídas en bici organizadas polo Concello, a través da Concellería de Seguridade Cidadá, dirixida por José Oreona, co equipo de Educación Viaria de Narón. A responsable do mesmo, Sonia López, acompaña ás nenas e nenos nesta iniciativa, que se iniciou o pasado mes de setembro e que rematará o vindeiro día 27. Protección Civil e a policía Local de Narón colaboran tamén nesta proposta. Menores de primeiro a sexto de educación Primaria e de quinto e sexto de educación Infantil son os destinatarios destas saídas en bicicleta polo termo municipal. Os escolares que participan son os dos colexios da Solaina, Jorge Juan, Ponte de Xuvia, A Gándara, O Feal, Ayala, Santiago Apóstol, Piñeiros e Virxe do Mar. As rutas desenvólvense sempre en horario lectivo, de luns a venres, e teñen unha duración de entre dúas e tres horas. Os tanques de tormentas de Xuvia e de Gándara, o paseo de Xuvia, as instalacións do pump track e as pistas de Río Seco son os destinos dos diferentes grupos. O edil de Seguridade Cidadá valorou esta iniciativa e incidiu en que “ten unha moi boa acollida nos centros de ensino, aos que agradecemos a súa colaboración e, por suposto, aos nenos e nenas pola súa boa disposición para coñecer o noso entorno, o noso patrimonio”. Así mesmo, destacou a implicación do traballo realizado para poder levar a cabo estas saídas en bici.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal