Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ CONTINÚA COS CONSELLOS TERRITORIAIS
A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, anunciou novas datas de celebración dos Consellos Territoriais a través a través da Escola de Participación Cidadá.
Entre finais deste mes e o próximo mes de decembro está previsto que se leven a cabo nos diferentes centros cívicos sociais os Consellos Territorias nas parroquias pendentes de celebración. O vindeiro 27 de outubro, entre as 18 e 19:30 horas, terá lugar o de Sedes; o día 29 tamén deste mes, ás 19:00 horas o da Gándara, que se celebrará, neste caso, no centro Manuela Pérez Sequeiros debido ás obras que se están a levar a cabo no propio centro cívico social. No mes de novembro están programados, o de Piñeiros, día 11 ás 17:00 horas; o día 12 o de San Mateo a partir das 18:00 horas; o 24 ás 16:30 horas será no Val; e o 26 ás 19:00 horas o de Freixeiro, no local social de Virxe de Fátima. Xa no mes de decembro terán lugar os Consellos de Pedroso, día 9 ás 19:00 horas; e o día 10 o de Xuvia a partir das 19:00 horas. As persoas interesadas en recibir máis información sobre estes Consellos Territoriais poden poñerse en contacto coa Escola de Participación Cidadá de Narón a través do número de teléfono 603 865 413 ou do correo electrónico: escolaparticipacion@naron.gal.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal