Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este martes día 28 na cidade. O vehículo ubicarase nas inmediacións do novo centro de saúde, estando operativo en horario de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.
Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. As persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.