 
          
          O pleno celebrado esta tarde no Consistorio, aprobou unha moción dos grupos municipais de Terra Galega e BNG instanto á Xunta a incluir investimentos en Narón nos seus orzamentos para o ano 2026; entre as solicitudes destacan  un plan de investimentos para ampliar a rede de saneamento e abastecemento rural, ao igual que se fai noutros concellos; un centro integral de atención ás persoas maiores; un plan de melloras para os centros de ensino públicos que inclúa os servizos de comedor e madrugadores; un centro integrado de Formación Profesional, a renovación de beirarrúas na estrada de Cedeira, a xestión das escolas infantís, unha liña de transporte público que conecte os barrios da Gándara e da Solaina co Concello, o centro de saúde e os dous institutos da cidade ou un plan de limpeza dos ríos que transcorren por Narón. 
          Outra moción aprobada foi a dos grupos municipais de TEGA, BNG e PSOE  relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de incrementar os recursos públicos para facer fronte á violencia machista.
A corporación municipal tamén realizou unha Declaración Institucional  por un tren do século XXI para Ferrolterra, Eume e Ortegal, atendendo á solicitude feita polo Foro Cidadán polo Ferrolcarril. 
Na sesión plenaria quedou aprobado, así mesmo,  un expediente de modificación de crédito por importe de 191.252,39 euros. Desta contía, tal e como explicou o edil unha partida de 69.700 euros destinaranse á instalación da climatización da Escola Infantil sa Solaina. Así mesmo, 36.300 euros serán para traballos de sinalización horizontal de vía municipais e 11.000 euros para dúas casetas para almacenazxe de material deportivo no campo do fútbol do Cadaval e no Pavillón do Val.
Tamén sairon adiante sendas mocións do PP e do PSOE relativas á mellora no servizo de axuda no fogar (SAF); unha moción do PSOE para a modificación do Regulamento  do Servizo Municipal de Abastecemento de Auga e Saneamento, e outra do BNG para a elaboración dun plan de acción local de vivenda.