Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONTA ATRÁS PARA A TRINTAEUNDOCE: INSCRICIÓNS ABERTAS PARA PARTICIPAR NA SAN SILVESTRE DE NARÓN
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron esta mañá unha nova edición da Trintaeundoce, a tradicional San Silvestre naronesa que cada ano reúne a centos de participantes na cidade.
A carreira celebrarase o vindeiro 31 de decembro e o prazo de inscrición permanece aberto desde hoxe ata o 26 de decembro ás 23.59 horas, a través da web www.galitiming.com. O evento contará, un ano máis, con catro categorías adaptadas por idades. As persoas participantes nas modalidades Máster (1988 e anteriores) e Sénior (2009-1989) tomarán a saída ás 16.50 horas para completar un percorrido de 3.112 metros distribuídos en dúas voltas ao circuíto. A categoría Promoción, destinada ás mozas e mozos nacidos entre 2016 e 2010, partirá ás 16.30 horas e cubrirá unha distancia de 1.556 metros, correspondente a unha volta. Finalmente, a categoría Pitufos, para nenas e nenos nados en 2017 e anos posteriores, sairá ás 16.20 horas e realizará un tramo aproximado de 200 metros. A saída e a meta estarán situadas na Estrada de Castela, nº 336, nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, mentres que o punto de retorno estará no mesmo vial, á altura do nº 525. O circuíto permanecerá pechado ao tráfico durante o desenvolvemento da proba. As cotas de inscrición establécense en 5 euros para a carreira absoluta, 2 euros para a categoría Promoción e participación gratuíta para Pitufos. Os dorsais poderán retirarse o 31 de decembro na caseta de información turística situada xunto á saída/meta, na rotonda de Freixeiro. A entrega de premios terá lugar no parque de Freixeiro ao rematar a carreira absoluta. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo. Na categoría Pitufos, de carácter non competitivo, entregarase un agasallo a cada participante. Ademais, os tres primeiros clasificados absolutos en categoría masculina e feminina recibirán un premio especial, e ao finalizar a proba realizarase un sorteo entre todas as persoas inscritas. Na presentación do evento, o concelleiro de Deportes agradeceu a colaboración da AD Náutico de Narón e de todas as persoas implicadas nun evento que xa é unha cita destacada no calendario deportivo local. “É unha ocasión magnífica para despedir o ano facendo deporte e compartindo un ambiente festivo coa veciñanza. Animamos a todas as persoas a inscribirse e participar nesta San Silvestre que cada ano segue medrando na cidade”, sinalou Santalla.
Descarga de archivos
Tamaño:507,57 KB

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal