Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN IMPULSA O PROXECTO DE ARTE URBANA PARTICIPATIVA “NARÓN A TODA COR” NA CASA DA MOCIDADE
O Concello de Narón presentou este xoves o proxecto “Narón a toda cor”, unha iniciativa de arte urbana participativa dirixida á mocidade que se desenvolverá durante o Nadal na Casa da Mocidade da Gándara. O concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, foi o encargado de dar a coñecer a proposta, que culminará coa creación dun mural colectivo na fachada do edificio.
Tal e como explicou Santalla, trátase dun obradoiro de muralismo no que as persoas participantes “terán a oportunidade de implicarse directamente na transformación dun espazo público, creando un deseño con identidade xuvenil e fomentando valores como o traballo en equipo e a participación social”. O edil destacou tamén que a iniciativa “ofrece unha alternativa de lecer creativo durante as vacacións de Nadal, pensada para favorecer a convivencia, a socialización e a expresión artística da mocidade”. O obradoiro para a creación do mural celebrarase o 25 de decembro, de 15:00 a 18:00 horas, e os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 11:00 a 18:00 horas, na Casa da Mocidade da Gándara, situada na rúa Catro Camiños nº 38, en Narón. A actividade é gratuíta e está aberta a persoas a partir de 8 anos. As menores de 12 anos deberán acudir acompañadas dunha persoa adulta. A inscrición pode realizarse a través do código QR incluído no cartel informativo.
Descarga de archivos
Tamaño:152,38 KB

<<< Decembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal