ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN EN CATRO ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO C DIRIXIDAS A PERSOAS DESEMPREGADAS
O Concello de Narón vai solicitar á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración o financiamento de catro accións formativas do Sistema de formación profesional de grao C, para persoas traballadoras desempregadas.
Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, que subliñou que se trata de catro formacións totais de distintas familias profesionais (especialidades completas) incluídas nuns certificados profesionais. Serán impartidas en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas para cada curso. Dispoñen de formación en empresa e curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración. Dende o Concello subliñouse a urxencia de que as persoas desempregadas interesadas en realizar estes cursos se preinscriban a través da web: diplos.xunta.gal
A edil naronesa indicou que se trata das accións: Montaxe de moble e elementos de carpintería (538 horas, código MAMR0108), Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (528 horas, código SSCS0208), Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo MIG/MAG (568 horas, código FMEC0119), todos os anteriores de nivel 2- e Emprego doméstico (278 horas, código SSCI0109) –nivel 1-. Hermida destacou, en relación a este último curso, que unha vez obtido o certificado de Emprego Doméstico, xa se ten acceso ao certificado profesional de Nivel 2 de Atención sociosanitaria.
O perfil requirido ao alumnado varía segundo o nivel de CP da formación, pero todas as persoas que se inscriban teñen que constar como demandantes de emprego no SEPE. O Nivel 1 de cualificación non require ao alumnado formación académica previa, pero o Nivel 2, si require dispor da titulación da ESO, Competencias Clave de Nivel 2 e outras titulacións.
Estas formacións, se son concedidas, realizaranse no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e son de balde para as persoas participantes. Os teléfonos de contacto para recibir máis información son o 981-333135 ou 981-337700, (ext. 2602/1123). Tamén se pode escribir aos correos electrónicos; a.alvarez@naron.gal / a.lagoa@naron.gal.