Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVA EDICIÓN DA BICIESCOLA DE NARÓN PARA FORMAR A NENOS E NENAS NO MANEXO DA BICICLETA
O Concello de Narón reedita Biciescola, unha iniciativa formativa que xa se desenvolveu en edicións anteriores e que regresa co obxectivo de seguir promovendo entre a infancia e a mocidade hábitos de mobilidade saudable, sostible e segura.
O programa está dirixido a nenos e nenas de ata 14 anos e pretende tanto iniciar aos máis pequenos no manexo da bicicleta como reforzar as habilidades básicas daqueles que xa tiveron un primeiro contacto con este medio de transporte, contribuíndo a mellorar a súa autonomía e confianza. O curso estrutúrase nun nivel de iniciación, especialmente pensado para menores que non saben montar ou que precisan consolidar destrezas básicas. Ao longo das sesións, o alumnado traballará cuestións fundamentais como a familiarización coa bicicleta, o equilibrio, as técnicas de arranque e freada, o pedaleo, a realización de xiros sinxelos e pequenos percorridos en superficies chans, sempre baixo a supervisión de persoal monitor especializado. A actividade desenvolverase no Pavillón da Mocidade de Narón cun formato práctico de tres horas de duración en total, distribuídas en dúas xornadas de sábado de hora e media cada unha, en horario de 10:00 a 13:00 horas. O programa inclúe seguro de accidentes e ten un custo de 13,05 euros por participante. O concelleiro de Segridade Cidadá, José Oreona, subliña que esta iniciativa non só busca ensinar a montar en bicicleta, senón tamén inculcar desde idades temperás valores relacionados coa seguridade viaria e o respecto no espazo público, nun contexto no que se promove cada vez máis o uso de medios de transporte alternativos ao vehículo privado. As inscricións abren este próximo luns, 30 de marzo, e poderán formalizarse a través do correo electrónico seguridadevial@naron.gal. Para máis información ou resolución de dúbidas, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 600 448 730.

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal