Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN SÚMASE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO CUNHA CERIMONIA NO RÍO ORGANIZADA POR AFA
O Concello de Narón participa este mércores, 8 de abril, na Cerimonia do Río organizada por Acción Familiar (AFA) Ferrol con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano. O acto terá lugar ás 17:00 no Río Freixeiro, preto do parque, e inclúe a lectura dun manifesto e a ofrenda de pétalos.
Miércoles, 8 de abril de 2026. A concelleira de Igualdade e Benestar Social de Narón, María Lorenzo, que anima a veciñanza a acudir a este evento, destaca que: "O Día Internacional do Pobo Xitano é unha oportunidade para visibilizar a riqueza cultural e histórica desta comunidade, así como para lembrar a necesidade de combater os estereotipos e a discriminación que aínda existen”. Lorenzo remarca que “Reivindicar este día é reafirmar o noso compromiso coa igualdade e a diversidade, e recoñecer que a inclusión social é responsabilidade de todas”. A Cerimonia do Río pretende ser un espazo de encontro e memoria, no que se poida homenaxear o pobo xitano e reforzar os lazos de colaboración entre a comunidade e as entidades locais que traballan pola súa visibilidade e dereitos.
Descarga de archivos
Tamaño:62,13 KB

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal