Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CIMIX ACOLLE ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DA NOVA OBRA DE MASAFRET "XUVIA CORAZÓN DE NARÓN"
O histórico barrio naronés de Xuvia volve sobre a súa historia este venres no CIMIX, onde o Concello organiza a presentación de "Xuvia, corazón de Narón", o novo libro de Fernando Masafret Fojo centrado na memoria social e cultural do lugar.
Mércores, 8 de abril de 2026. O acto contará coa presenza do autor, que estará acompañado pola alcaldesa, Marián Ferreiro; María Montalvo, en representación dos patrocinadores —Concello de Narón, Megasa, Grupo Intaf, ElectroRayma e Casa Román—; e Antonieta de Cal y Cortina, unha das colaboradoras na publicación. A presentación correrá a cargo do xornalista Javier García. Masafret constrúe nesta obra un relato amplo e ben documentado sobre a evolución de Xuvia. Faino apoiándose en arquivos, recortes de prensa, fotografías antigas e testemuños veciñais que permiten recompoñer o pasado desde distintas perspectivas. O libro detense en aspectos clave da vida do barrio. Por unha banda, revisa o seu tecido económico, con referencias a negocios como as cerámicas, imprentas, a librería Galicia, o restaurante Marcial, Solloso ou o estanco de Piñeiros. Pola outra, recupera historias persoais que seguen moi presentes na memoria colectiva. A publicación conta con máis dunha trintena de colaboracións, e entre as súas páxinas tamén hai espazo para episodios pouco coñecidos, como o asalto á Fábrica de Xuvia en 1897 ou a batalla da Muchiqueira, na Mourela, en 1843, que axudan a situar o barrio no seu contexto histórico. Ao mesmo tempo, o libro mira cara á vida cotiá e aos seus protagonistas. Aparecen nomes moi vinculados a Xuvia —desde o dentista Durán Eiroa ata Gelines, da panadería La Tahona, ou Paco, o practicante— que achegan proximidade e debuxan un retrato recoñecible para varias xeracións. Outro dos puntos fortes da obra é o seu valor gráfico e documental. A compilación de fotografías antigas, documentos e material de hemeroteca permite seguir a transformación do barrio de maneira visual. O volume complétase con algunhas sinaturas convidadas, como Vicente Araguas, Rocío Alves e Patricia Hermida, e cunha referencia á escena musical dos anos 60 a través de grupos como “Los Zares” e “Jockey’s”. Con "Xuvia, corazón de Narón", Fernando Masafret continúa o seu labor de recuperación da historia local. O resultado é un libro que xunta investigación e memoria popular para poñer en valor a identidade de Xuvia e o seu papel dentro de Narón.
Descarga de archivos
Tamaño:4,39 MB

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal