Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SIMULACRO DE EMERXENCIA, EVACUACIÓN E CONFINAMENTO NO CONCELLO DE NARÓN
O Concello de Narón levou a cabo na mañá deste venres un simulacro de emerxencia no edificio consistorial, no marco das tarefas de revisión do seu Plan de Autoprotección.
Venres, 17 de abril de 2026. O exercicio desenvolveuse entre as 11.00 e as 12.00 horas e consistiu na simulación dun incendio na planta baixo cuberta do inmoble de sete alturas. A situación obrigou á activación do Plan de Autoprotección, resolvéndose co confinamento da sexta planta e a evacuación do resto do edificio. No operativo participaron, ademais dos equipos internos de emerxencia, efectivos da Policía Local, Protección Civil e o Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón, que coordinaron as tarefas de desaloxo e control da incidencia. Este simulacro enmárcase no proceso de actualización e mellora do Plan de Autoprotección municipal, que incluirá tamén a realización de xornadas formativas dirixidas ao persoal do Concello. O obxectivo destas accións é reforzar a capacidade de resposta ante posibles emerxencias, avaliar a toma de decisións en situacións de risco, validar os protocolos de actuación e capacitar os equipos designados para actuar durante a emerxencia. Desde o Concello subliñan a utilidade deste tipo de exercicios para garantir a seguridade nun edificio con elevada afluencia diaria, ao tempo que agradecen a paciencia e comprensión da veciñanza, tanto das persoas que puideron verse afectadas polas restricións de acceso como das que participaron indirectamente no desenvolvemento do simulacro.

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal