Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN REÚNE SEIS CORAIS NO SEU PRIMEIRO GRAN ENCONTRO MUSICAL NO AUDITORIO MUNICIPAL
O Auditorio Municipal de Narón acolle este sábado, 25 de abril, a partir das 17:00 horas, o I Encontro de Coros Cidade de Narón, unha cita que reunirá sobre o escenario a seis formacións corais co obxectivo de poñer en valor esta tradición musical inserta no tecido cultural da cidade.
Xoves, 23 de abril de 2026. No concerto participarán as tres agrupacións corais existentes actualmente en Narón: a Coral Chorima de Castro, a Coral Amistade de Couto e a Coral Areosa de Piñeiros. Xunto a elas, actuarán como coros convidados o Coro Villa de Boal, procedente de Asturias, así como as formacións ferrolás Airiños de Caranza e a Agrupación Artística Nas Ondas do Mar. A presentación do evento tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, nun acto no que participaron representantes das tres corais naronesas e a alcaldesa, Marián Ferreiro, tamén presidenta do Padroado da Cultura, entidade organizadora desta iniciativa. Durante a súa intervención, a rexedora destacou a importancia da cita como “un punto de encontro para compartir música, experiencias e convivencia entre agrupacións que manteñen viva unha das expresións culturais máis arraigadas na nosa contorna”. Así mesmo, subliñou que este primeiro encontro “nace con vocación de continuidade e de converterse nun referente dentro da programación cultural de Narón”. Ferreiro puxo en valor o traballo das corais locais, “que realizan un labor fundamental na dinamización cultural das parroquias e na conservación do patrimonio musical”, e animou a veciñanza a asistir ao concertó, con entrada libre, para “gozar dunha tarde de música coral de gran calidade e apoiar as nosas agrupacións”.
Descarga de archivos
Tamaño:262,65 KB

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal