Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN RECIBE A SETE ESCOLARES E CATRO DOCENTES DE TURQUÍA DE INTERCAMBIO NO MARCO DO PROGRAMA ERASMUS+ DE SEGURIDADE VIARIA
O Concello de Narón recibiu este mércores a visita dun grupo de sete estudantes de entre 13 e 14 anos e catro docentes procedentes de Konya, unha cidade de preto de 1,5 millóns de habitantes situada no interior de Turquía.
Mércores, 20 de maio de 2026. O grupo participa nun intercambio enmarcado no programa Erasmus+ KA2, dedicada á cooperación para a innovación e ao intercambio de boas prácticas e.vencellado ao proxecto de educación viaria do municipio naronés. Os visitantes foron recibidos polo concelleiro de seguridade cidadá, José Oreona, que lles mostrou as dependencias da casa do concello. O intercambio, que se estende ao longo dunha semana completa —chegaron o domingo e as actividades rematan o venres—, ten como eixo temático este ano o abandono escolar e a integración de diferentes culturas no ámbito educativo. O colexio de Piñeiros é o centro de referencia desta edición, onde o grupo turco participa nunha serie de actividades deseñadas conxuntamente polo profesorado de ambos os países. A comunicación entre os participantes conta coa mediación dunha profesora do propio Piñeiros que exerce de intérprete. A iniciativa está impulsada polo departamento de educación viaria de Narón que puxo en marcha este proxecto de intercambio. Pedro Caneiro, que durante anos formou tamén parte deste equipo e que continúa a colaborar activamente nel acompañando o alumnado, explica que o vínculo coa seguridade viaria é o fío condutor de todos os intercambios. O programa adoita recibir "como mínimo dous grupos cada ano", adaptando o colexio de acollida e as actividades ao tema concreto que cada grupo quere traballar. O alumnado de intercambio participa ademais en actividades coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e realiza diferentes percorridos para coñecer os recursos e patrimonio de Narón e doutras localidades da comarca.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal