Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
XVIII MARCHA CICLISTA ESCOLAR DE NARÓN: UNHA XORNADA DE MOBILIDADE, CONVIVENCIA E EDUCACIÓN VIARIA
Narón celebra o próximo 12 de xuño a XVIII Marcha Ciclista Escolar, unha actividade xa consolidada dentro do Programa Municipal de Educación Viaria e Mobilidade Segura, na que participará alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do municipio.
Luns, 1 de xuño de 2026. Como en anos anteriores, os diferentes grupos partirán desde os seus respectivos colexios para reunirse posteriormente nun percorrido conxunto pola estrada de Castela, dirixíndose ata o paseo marítimo de Xuvia, onde terá lugar o acto final da xornada. Unha vez alí, o alumnado poderá descansar, aparcar as súas bicicletas e recibir un refrixerio. Ademais, poderán gozar da exhibición da Unidade Canina do Cuartel de Dolores, que amosará ao público o traballo dos seus cans adestrados. Desde a organización animan as familias a participar acompañando os seus fillos e fillas durante o percorrido, como veñen facendo en edicións anteriores. A súa colaboración resulta fundamental para o correcto desenvolvemento da actividade e para reforzar a seguridade do grupo. Desde o departamento de Seguridade Viaria do Concello de Narón fan un chamamento ás familias para que, antes de saír de casa, dediquen uns minutos a revisar o estado das bicicletas: presión dos pneumáticos, funcionamento dos freos e lubricación da cadea. "Unha bicicleta en mal estado é un risco para quen a monta e para o resto do grupo", lembran desde o departamento. O casco é obrigatorio para todo o alumnado. Os adultos que acompañen tamén deben levalo: non só por protección propia, senón como exemplo para os máis novos. O departamento lembra tamén que algúns centros cubrirán entre 10 e 12 quilómetros, e pide que as familias valoren con honestidade se os seus fillos e fillas están preparados para ese esforzo. Quen acompañe debe situarse ao inicio e ao final de cada grupo escolar para manter a cohesión e garantir a seguridade de todos. A Marcha Ciclista Escolar constitúe unha das actividades máis emblemáticas do programa municipal de Educación Viaria, promovendo hábitos de mobilidade saudables, sostibles e seguros, ao tempo que fomenta a convivencia entre o alumnado dos distintos centros educativos de Narón.
Descarga de archivos
Tamaño:926,26 KB

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal