Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DE DEPORTES ABRE ESTE VENRES AS INSCRICIÓNS PARA AS CLASES DE IOGA E PILATES AO AIRE LIBRE
O programa, dirixido a maiores de 16 anos, oferta sesións de mañá de luns a xoves durante os meses de xullo e agosto no parque de Freixeiro e no paseo de Xuvia.
Mércores, 10 de xuño de 2026. O Concello de Narón, a través do Padroado de Deportes, pon en marcha un novo programa de actividades físicas ao aire libre para este verán, con sesións de ioga e pilates no parque de Freixeiro e no paseo de Xuvia. As clases están dirixidas a persoas maiores de 16 anos e terán lugar de luns a xoves, en dúas quendas de mañá: de 10.00 a 11.00 horas e de 11.00 a 12.00 horas. Tal e como explicou o edil de Deportes, Ibán Santalla, durante o mes de xullo o parque de Freixeiro acollerá pilates os luns e mércores e ioga os martes e xoves, mentres que en Xuvia a programación será á inversa: ioga os luns e mércores, e pilates os martes e xoves. En agosto, ambos os espazos concentrarán a oferta en pilates, alternando os días entre un parque e o outro para garantir a presenza en cada un deles dúas veces por semana. Cada sesión terá un máximo de 15 participantes e un prezo de 13,05 euros por persoa e mes. Cada participante deberá achegar o seu propio material: colchoneta, esterilla ou toalla. No caso de que as condicións meteorolóxicas non acompañen, as clases trasladaranse ao complexo polideportivo da Gándara. O prazo de preinscición abre este venres, 12 de xuño, e permanecerá aberto ata o 19 de xuño. As persoas interesadas poden apuntarse por teléfono no 981 337 700, extensións 2503 ou 2505, en horario de atención de 8.30 a 13.00 horas de luns a venres.

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal