Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACCIÓN FORMATIVA DE SOLDADURA MIG/MAG PARA PERSOAS DESEMPREGADAS
Será impartido en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas.
Venres, 12 de xuño de 2026. O Concello de Narón iniciou o proceso de selección do alumnado para participar no certificado profesional de Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo “MIG/MAG” (568 horas, código FMEC0119). A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta acción formativa do Sistema de formación profesional de grao C, para persoas traballadoras desempregadas. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, que subliñou que se trata dunha formación completa, nunha familia profesional moi demandada polo sector, con resultados de inserción laboral altos. Será impartido en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas. Dispón de formación en empresa e curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración. Dende o Concello subliñan a urxencia de que as persoas desempregadas interesadas en realizar este curso se preinscriban a través da web: diplos.xunta.gal A edil naronesa indicou que se trata dunha acción de nivel 2. Hermida explicou que o perfil requirido ao alumnado, ademais de constar como persoas demandantes de emprego no SEPE, o Nivel 2 de cualificación, require ter certa titulación académica, como a ESO, Competencias Clave de Nivel 2 e outras titulacións. A formación realizarase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e é de balde para as persoas participantes. Os teléfonos de contacto para recibir máis información son o 981-333135 ou 981-337700, (ext. 2602/1123). Tamén se poden solicitar máis datos a través dos correos electrónicos; a.alvarez@naron.gal / a.lagoa@naron.gal, ou acudir, directamente ao Centro Municipal de Formación, de 7:30 a 14:30 horas.

<<< Xuño 2026 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal