Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN LEMBRA ÁS FAMILIAS QUE SEGUE ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DO SERVIZO DE MADRUGADORES
A solicitude pode presentarse a través do rexistro xeral do Concello ou da Sede electrónica municipal.
Luns, 20 de xullo de 2026. O Concello de Narón recorda ás familias con fillos e fillas matriculados no 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria nos centros de ensino públicos do municipio que continúa vixente o prazo para solicitar o servizo de madrugadores de cara ao próximo curso escolar. O Concello establece dous prazos diferenciados en función da situación de cada familia. Para o alumnado que xa estivo dado de alta o curso anterior no mesmo centro, a renovación de praza debía solicitarse entre o 1 e o 30 de xuño. Pola súa banda, as familias que vaian utilizar o servizo por primeira vez, ou que non solicitasen a renovación no seu momento, poden facer a nova alta desde o 1 de xullo ata o 30 de abril de 2027. En calquera dos dous casos, a inscrición pode formalizarse en calquera momento do curso, sempre que existan prazas dispoñibles. Poden presentar a solicitude os pais, nais, titores ou calquera outro representante legal do alumnado matriculado no 2º ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. Esta débese formalizar a través do modelo normalizado que deberá presentarse no rexistro xeral do Concello de Narón ou a través da Sede Electrónica municipal. As familias que desexen domiciliar o pagamento do servizo deberán presentar, por rexistro de entrada independente, a solicitude de domiciliación bancaria (modelo T-TES-02). Así mesmo, quen queira solicitar a bonificación do prezo público, tanto en renovación coma en novas altas, deberá presentar a solicitude específica dispoñible na Sede electrónica municipal. Para calquera dúbida, as familias poden contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 337 700, extensión 1125.

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal