Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO DE NARÓN DECLARA DE ESPECIAL INTERESE AS OBRAS DE MELLORA DO CRA DOMIRÓN E DO CENTRO DA ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO
O Pleno ordinario do mes de xullo aprobou por unanimidade declarar de especial interese e utilidade municipal as obras de mellora da cuberta e da impermeabilización do ximnasio do CRA Domirón, así como as de reparación da cuberta do centro da Asociación Nosa Señora de Chamorro.
Narón, 30 de xullo de 2026. O Pleno ordinario do mes de xullo aprobou esta mañá por unanimidade declarar de especial interese e utilidade municipal as obras de mellora da cuberta e da impermeabilización do ximnasio do CRA Domirón–A Faisca, así como as de reparación da cuberta do centro da Asociación Nosa Señora de Chamorro no Val, o que permitirá aplicar a bonificación do 95 % no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO), ao considerar que se tratan de actuacións de marcado interese social. Na mesma sesión tamén se aprobou o convenio de colaboración entre os concellos de Narón e Ferrol e Augas de Galicia para formalizar a encomenda de xestión da explotación, mantemento e conservación de determinadas instalacións de saneamento e depuración que prestan servizo a ambos municipios. O acordo garante a continuidade da xestión destas infraestruturas e reforza a cooperación entre as administracións implicadas para asegurar un funcionamento coordinado e eficiente do sistema supramunicipal de saneamento. Festivos locais de 2027 Outro dos puntos a tratar foi a proposta de designación dos dous festivos locais para o ano 2027, que serán o 24 de xuño, festividade de San Xoán, e o 23 de novembro, con motivo do Día de Narón. Aprobación de convenios A sesión plenaria aprobou os levantamentos de reparos suspensivos formulados pola Intervención municipal e varios convenios de colaboración correspondentes ao exercicio 2025 con diversas entidades sociais, ANPAs e centros educativos. Mocións Na quenda de mocións, prosperou a iniciativa de Tega e BNG para instar á Xunta de Galicia a modificar os criterios de adxudicación das prazas de comedor escolar, de maneira que o alumnado que xa dispoña do servizo teña prioridade na renovación da súa praza e que os criterios de admisión só se apliquen ás vacantes iniciais. Así mesmo, reclama a apertura dun proceso de diálogo coa comunidade educativa para revisar o sistema e garantir a conciliación familiar, a seguridade xurídica e o interese superior do menor. Tamén se aprobou unha moción do Partido Popular para garantir o cumprimento da normativa de accesibilidade universal na piscina municipal do Couto, dotándoa de todos os medios técnicos necesarios para asegurar o acceso e uso por parte das persoas con mobilidade reducida ou diversidade funcional durante todo o horario de apertura. Á proposta do BNG quedou aprobada unha moción para impulsar a creación do Centro de Información á Muller (CIM) de Narón na planta baixa do antigo centro de saúde, así como outra para instar á SAREB a desbloquear e adxudicar as vivendas protexidas vacantes das rúas Grove e Santa Tecla conforme á lista de reservas, e reclamando ao IGVS e ao Goberno do Estado medidas para garantir o cumprimento da normativa e o destino social destes inmobles. Xa por último saiu adiante tamén unha moción proposta polo PSOE relativa á modernización, automatización e mellora da eficiencia da sede elcetrónica do Concello de Narón.

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal