Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PISTA POLIDEPORTIVA DE PEDROSO ACOLLERÁ O 22 DE AGOSTO A III FEIRA DE EXALTACIÓN DO PORCO AO ESPETO
O Concello de Narón e a Asociación Veciñal A Pombiña organizan unha nova edición desta cita gastronómica, que combinará degustacións, música e ambiente festivo.
Narón, 31 de xullo de 2026. A pista polideportiva de Pedroso converterase o vindeiro 22 de agosto no epicentro da gastronomía e da convivencia coa celebración da III Feira de Exaltación do Porco ao Espeto, organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Veciñal A Pombiña. A concelleira de Feiras, Mar Gómez, presentou esta nova edición acompañada polo presidente da entidade veciñal, José Romero, a vicepresidenta, Mercedes Fidalgo, e outros integrantes da recentemente renovada directiva da asociación. A xornada arrancará ao mediodía cunha sesión vermú amenizada con música, durante a que se repartirán petiscos de balde entre as persoas asistentes. Entre as 18:00 e as 22:00 horas haberá festa infantil con inchables. Xa pola noite, a partir das 21:00 horas, terá lugar a cea popular, na que o porco ao espeto volverá ser o prato estrela. O menú incluirá tamén churrasco, chourizos, patacas, pan, bebida, sobremesa e café. A celebración continuará despois da cea coa actuación musical de Tania. Os tickets para participar na cea poderán adquirirse a partir de mañá, 1 de agosto, na cantina da Sociedade Cultural e Recreativa A Pombiña. O prezo será de 18 euros para as persoas socias, 25 euros para as non socias e 12 euros para os nenos e nenas maiores de 12 anos, mentres que os menores desa idade poderán asistir de balde. A organización porá á venda un total de 400 tickets, que tamén estarán dispoñibles o propio día da festa sempre que non se esgoten con anterioridade. Desde o Concello e a Asociación Veciñal A Pombiña animaron á cidadanía a participar nesta cita, aberta tanto ás veciñas e veciños de Pedroso como ao resto da comarca, coa finalidade de compartir unha xornada de gastronomía, música e convivencia. A edil aproveitou tamén o acto para felicitar á nova directiva da asociación, á que desexou "moita sorte nesta nova etapa", e destacou o compromiso da entidade veciñal coa organización desta iniciativa, animando aos seus integrantes a continuar traballando con ilusión para dinamizar a vida social e cultural da parroquia e impulsar novas actividades para a veciñanza.
Descarga de archivos
Tamaño:2,23 MB

<<< Xullo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal