Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA UNHA NOVA EDICIÓN DA FEIRA DE ANTIGÜIDADES, COLECCIONISMO E VINTAGE
A cita, organizada polo Concello coa Asociación Cultural Ferro Vello, repite formato tras o éxito da edición de marzo e abre as súas portas o sábado e domingo en horario de mañá e tarde.
Luns, 7 de setembro de 2026. O Pavillón da Mocidade da Gándara acolle este sábado 12 e domingo 13 de setembro, a VIII Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage de Narón. Trátase da segunda cita do ano tras o éxito acadado na edición de marzo, que vén confirmar o bo momento desta iniciativa organizada polo Concello de Narón en colaboración coa Asociación Cultural Ferro Vello. A feira, de entrada libre, desenvolverase en horario de mañá e tarde ambos os dous días, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e volverá reunir a profesionais e afeccionados chegados de diferentes puntos de España. Entre os postos poderanse atopar pezas únicas de mobiliario antigo, obxectos de decoración, moedas, libros, útiles de labranza, selos, artesanía ou discos, entre outros elementos vinculados ao mundo do coleccionismo e do vintage, ofrecendo ao público unha ampla variedade de artigos para todo tipo de gustos e petos. A concelleira de Festas, Mar Gómez, destacou na presentación que se trata “dunha iniciativa con moito éxito”, tanto pola participación de expositores como pola afluencia de público. “É unha aposta que mantemos con dúas citas anuais, e a resposta do público confirma que é un dos eventos feirais máis concorridos da cidade”. Durante estas dúas xornadas, o pavillón da Gándara converterase en espazo de encontro para coleccionistas, curiosos e amantes das antigüidades, que poderán descubrir pezas únicas, coñecer a historia que se agocha detrás de cada obxecto e darlle unha segunda vida.
Descarga de archivos
Tamaño:678,17 KB

<<< Setembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal