Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLE A XORNADA "MOITO QUE FACER: COIDADOS COMPARTIDOS” PARA REPENSAR A CORRESPONSABILIDADE
A asociación de familias monoparentais FAGAMOS quere chamar a atención sobre o reparto desigual das responsabilidades familiares e sobre o papel da comunidade no apoio a quen coida.
Martes, 27 de outubro de 2026. O Centro Cívico Social de Chafarís acolle este sábado, 31 de outubro, a xornada “Moito que facer: coidados compartidos”, unha iniciativa da Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS) que conta coa colaboración do Concello de Narón. Trátase dunha acción de sensibilización que parte dunha pregunta: que acontecería se tivésemos que facelo todo sempre sen apoio? Con este interrogante, FAGAMOS quere chamar a atención sobre os moitos “quefaceres”, visibles e invisibles, que implica o sostemento diario dunha familia, e sobre a desigual distribución destas responsabilidades entre mulleres e homes. Segundo explica a asociación, esta realidade adquire unha dimensión particular nas familias monoparentais, nas que unha única persoa adulta, no 80% dos casos unha muller, asume as responsabilidades familiares, domésticas e de conciliación. Desde esta mirada, FAGAMOS propón ampliar o concepto de corresponsabilidade máis alá do reparto de tarefas dentro do propio fogar. “A corresponsabilidade tamén é social: todas e todos podemos contribuír a apoiar a quen coida e a construír comunidades nas que as familias non teñan que afrontar soas todas as responsabilidades”, sinalan desde a entidade. A iniciativa busca ademais promover modelos de masculinidades igualitarias e corresponsables, que favorezan unha maior implicación dos homes nos coidados e na participación comunitaria. A xornada dará comezo ás 10.00 horas cun punto de asesoramento aberto á cidadanía, que estará instalado ata as 12.00 horas. Nel, FAGAMOS ofrecerá información sobre corresponsabilidade e sobre o voluntariado na asociación, e atenderá as familias monoparentais, con información sobre recursos e outras cuestións relacionadas coas súas necesidades específicas. Ás 12.00 horas terá lugar unha charla informativa e un faladoiro para reflexionar sobre os usos do tempo, as desigualdades de xénero e a realidade das familias monoparentais. A participación é gratuíta e de acceso libre. “Moito que facer: coidados compartidos” forma parte de “Currunchiños de Conciliación”, programa de FAGAMOS que en 2026 recibiu o recoñecemento Medrando Xuntas, na categoría de Maior Impacto Social, e que está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade no marco do Plan Corresponsables.
Descarga de archivos
Tamaño:332,93 KB

<<< Outubro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal