Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN GARDA UN MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍTIMAS DO ACCIDENTE DE URDA
O Concello uniuse á convocatoria da FEMP e da FEGAMP para manifestar o pesar e consternación polo sinistro e trasladar a solidariedade e o pésame ás familias e amizades das vítimas, desexando a pronta recuperación das persoas feridas.
Mércores, 28 de outubro de 2026. O Concello de Narón gardou esta tarde un minuto de silencio diante da porta principal da casa consistorial en sinal de apoio e respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Urda, en Toledo, e a todas as persoas afectadas polo sinistro. A concentración celebrouse ás 20:00 h, cando se detiveron os concellos en resposta á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), á que se sumou tamén a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Narón uniuse así a un acto de homenaxe compartido polo conxunto do municipalismo. Membros do goberno local e representantes dos catro grupos municipais –Tega, PP, BNG e PSdeG–, participaron no minuto de silencio acompañados por traballadores municipais e por veciñanza que quixo achegarse ata o Concello. As bandeiras da casa consistorial ondearán a media asta durante os tres días de loito oficial decretados polo Goberno de España, que se prolongarán o 29, 30 e 31 de outubro. Con este xesto, o Concello de Narón quere trasladar o seu pesar e a súa solidariedade ás familias e amizades das vítimas, así como ás persoas feridas e a todas as afectadas pola traxedia.

<<< Outubro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal