ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO “CANVA: DESEÑO DIXITAL E CREACIÓN DE CONTIDOS PARA O USO COTIÁN"
A acción formativa impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas na Aula Cemit de Xuvia.
Venres, 30 de outubro de 2026. A plataforma Cemit mantén aberto o prazo de inscrición nun novo curso, “CANVA: Deseño dixital e creación de contidos para o uso cotián” de 100 horas. Así o indicou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, que explicou que esta acción formativa comezará o vindeiro 10 de novembro na Aula Cemit de Xuvia e rematará o 18 de decembro.
A acción formativa impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 horas e abordaranse contidos como: introdución e primeiros pasos en Canva; fundamentos básicos de deseño; ferramentas e funcións de edición; contidos para redes sociais; presentacións, infografías e documentos; vídeo, audio e ferramentas complementarias e prácticas e proxecto final de temática libre. As inscricións poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/56885
As persoas interesadas poden anotarse de balde, estando limitada a asistencia ao curso a un máximo de 12 persoas.