Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE INFANTIL "COÑECENDO A... CARLO COLLODI"
A proposta desenvolverase este sábado, día 14, a partir das 11:00 horas na Biblioteca municipal, tal e como indicou a edil da área, Olga Ameneiro
Narón, 9 de novembro de 2026. A Biblioteca municipal abrirá mañá martes o prazo de inscrición na actividade infantil “Coñecendo a… Carlo Collodi”, unha proposta organizada para conmemorar o bicentenario do nacemento de Carlo Collodi. A cita, dirixida a nenas e nenos a partir de catro anos, desenvolverase este sábado, día 14, a partir das 11:00 horas na Biblioteca municipal, tal e como avanzou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro. Os menores que asistan terán a oportunidade de participar nunha actividade infantil arredor de Pinocho, que combinará a narración oral e un pequeno obradoiro creativo no que elaborarán unha marioneta. É unha iniciativa pensada para achegar aos máis pequenos e pequenas a figura deste autor e algunhas anécdotas da súa vida. A través do conto “Pinocho” explorarán temas como a fantasía e a amizades, eixes da obra de Carlo Collodi. As inscricións poderán realizarse dende mañá ás 16:00 horas na Biblioteca municipal, presencialmente ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. É preciso que os nenos e nenas conten co carné da rede de bibliotecas.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal