Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O POLIDEPORTIVO DA GÁNDARA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O XXXIII TROFEO CIDADE DE NARÓN E O XXIII MEMORIAL JAVIER LAGO
O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero, presentaron a convocatoria
Narón, 19 de novembro de 2026. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron esta mañá a trixésimo terceira edición do Trofeo Cidade de Narón. A cita deportiva terá lugar este sábado, día 21, no complexo polideportivo municipal da Gándara a partir das 17:00 horas e no mesmo participarán algo máis de 150 deportistas. A entrada a esta convocatoria é de balde. A convocatoria conta coa participación de sete clubs de natación, o CN Ferrol, o Club Marina, CN Ciudad de Santiago, CN Arteixo, CN Arteixo, Club del Mar da Coruña e a anfitrioa, a Agrupación Deportiva Náutico de Narón. No marco desta cita deportiva tamén se disputará a vixésimo terceira edición do Memorial Javier Lago, no que se concederá un premio á mellor marca individual. Dende o Náutico de Narón, en canto á participación, Guerrero destacou a presencia nesta cita de deportistas como Angie Hernández, Sergi Losada ou Nelson Andrés López, integrante do Club de Natación Ferrol; Marina Carrasco, do Club Marina Ferrol; Sara Carreira do CN Coruña; Dani Meizoso e Tatiana Caneiro, en representación dos locais. Santalla felicitou ao club local pola organización dunha nova edición deste trofeo e do memorial, destacando a elevada participación nos mesmos e, ao tempo, desexou moita sorte aos deportistas locais.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal