Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ ESTE SÁBADO O ESPECTÁCULO INFANTIL "MOITO QUE LIMPAR", DE CAXOTO CONTACONTOS
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou da apertura do prazo de inscrición nesta proposta
Narón, 24 de novembro de 2026. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro sábado, día 28, un espectáculo infantil de contos e cantigas pola igualdade de xénero. Nesta ocasión o protagonista será Caxoto Contacontos, que ás 11:00 horas trae a Narón o espectáculo Moito que contar, dirixido a menores a partir de 4 anos, tal e como informou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro. As nenas e nenos que queiran asistir deben ter o carné da Rede de Bibliotecas e poden reservar praza dende esta tarde, ás 16:00 horas, de xeito presencial na Biblioteca ou chamado ao 981 382 173. No espectáculo Caxoto recupera a súa personaxe histórica do barredor e ofrecerá aos menores preto dunha hora de historias rocambolescas, contos divertidos e cantigas corais interpretadas e gravadas en directo. A actividade enmárcase na programación da biblioteca con motivo do 25N, Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, centrándose en transmitir unha mensaxe apra imaxinar e construír un mundo no que a igualdade sexa un obxectivo fundamental. Despois de máis de dúas décadas contando historias dende unha perspectiva de xénero, Caxoto dispón dun repertorio de contos, dinámicas, cantigas e xogos que falan dun mundo no que homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e oportunidades.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal