De carácter gratuito, se desenvolverá en Aldea Nova os días 2, 3 e 4 de abril.
Narón, 19 de Marzo de 2012.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven convocar unha nova edición do programa ConciliaEscola, dirixido a mulleres traballadoras con fillos/as ó seu cargo. Co obxectivo de ofrecer servizos para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, ofréceselles este servizo, dirixido a nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
O programa ConciliaEscola desenvolverase os días 2, 3 e 4 de abril no parque temático do mundo rural Aldea Nova (Sedes) en horario de 9:30 a 13:30 horas. A taxa de inscrición e o transporte son gratuitos, e realizaranse paradas en tódalas parroquias do concello. As inscricións poden realizarse no Servizo Sociocomunitario Municipal (1º andar do Concello) ata o día 23 de marzo.
A relación de actividades educativas que se desenvolverán no programa ConciliaEscola é a seguinte:
-Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas…)
-Enerxías Renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñar nunha cociña solar, facer motores…)
-Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable, ou no mesmo ceo cos telescopios)
-Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e realizar un obradoiro das pegadas dos animais)
-Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional)
-Supervivencia (saber orientarse no medio físico)
-Cometas (aprender a facer cometas)
-Gandería (coñecemento e coidado dos animais de granxa)
-Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reproducción do castro, da mámoa, ou a casa-museo)
-Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…)
-Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo, construcción de monicreques)
-Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros)
-Candeas (realizar velas con paneis de abellas)
-Xabón (realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais)