Bares de copas e pubs marcan un dos percorridos máis coñecidos de Narón, un nutrido número de establecementos onde gozar da conversa dos amigos e bailar ata altas horas da madrugada.
Máis música e máis baile nun contorno tamén emblemático, onde os ritmos máis novos soan nos pubs desta zona a carón da Estrada de Castela.
O ambiente máis novo da cidade atópase neste barrio de Narón que discorre paralelo á ría e onde Odeón é o centro insignia da zona.