PRAIAS
Dentro do territorio naronés temos tres praias, que son pouco frecuentadas, tanto polas dificultades de acceso como pola súa bravura. A máis longa é a de Hortiña, que chega ós 600 metros. As outras dúas reciben os nomes de Casal e Lopesa. Teñen 430 e 300 metros de anchura, respectivamente. Anícanse entre os cantís característicos desta parte alta da costa coruñesa.