Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NUNHA RECOLLEITA DE HERBAS DE SAN XOÁN ORGANIZADA A TRAVÉS DO PROGRAMA MUNICIPAL GUIZO
A edil de Política Lingüística, María Lorenzo, recordou que a actividade se levará a cabo este domingo
Narón, 17 de xuño de 2024. As nenas e nenos de entre 6 e 12 anos que queiran participar nunha recolleita de herbas de San Xoán este domingo, día 23, dispoñen aínda dalgunha vacante para anotarse. Así o recordou a concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, que indicou que se trata dunha proposta organizada a través do programa municipal Guizo que se celebrará nas inmediacións do parque de Freixeiro a partir das 10:30 horas. Durante aproximadamente tres horas os menores, un máximo de 15 e que deberán ir acompañados dunha persoa adulta, coñecerán as tradicións asociadas a estas herbas e tamén os diferentes usos tradicionais de cada unha delas. O programa Guizo continúa desenvolvéndose na cidade con actividades para coidar a natureza e a lingua. É un proxecto para nenas e nenos de 6 a 12 anos e as súas familias. As inscricións deben realizarse a través do correo electrónico: a.pita@naron.gal, indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno, o nome do pai/nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Para máis información pódese consultar a web: www.naronengalego.gal, no apartado de actividades.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal