Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE DEFENSA PERSOAL DIRIXIDO A MULLERES DA CIDADE
As sesións desenvolveranse durante dous días, o 22 e o 30 de novembro, tal e como avanzou a edil de Benestar Social, María Lorenzo
Narón, 8 de novembro de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, anunciou a apertura do prazo de inscrición nun obradoiro de defensa persoal, de balde, para mulleres e nenas a partir de 12 anos (estas últimas deberán ir acompañadas dunha muller adulta). Para poder participar é preciso que estean empadroadas en Narón e deberán facelo ata o 18 de novembro, chamando ao número de teléfono 633 497 990 en horario de 8.00 a 14.00 horas. O obradoiro impartirase en dúas datas, o 22 de novembro de 17.00 a 20.00 horas e o 30 deste mesmo mes de 10.00 a 13.00 horas, no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros. O instrutor policial PSDI e experto en defensa persoal feminina Jose Rodríguez e a doutora en Psicoloxía Madó González, serán os encargados de impartir este obradoiro, con prazas limitadas. Situarse, afianzarse, saber caer e manexarse no chan, moverse e desprazarse, manter a distancia, soltarse, defenderse e atacar forman parte dos contidos xerais que se abordarán no transcurso deste obradoiro, no que se traballarán múltiples técnicas para resolver calquera tipo de conflito. A maiores, abordaranse temas vencellados á prevención, como a precaución, a detección e a evitación, e tamén sobre a actuación, como as armas naturais do corpo, as zonas de golpeo, técnicas, etc. Os principios básicos de psicoloxía e defensa persoal e os de seguridade e defensa persoal, así como os vencellados á resolución, coa comunicación a amigos e familiares e a denuncia dos feitos, son outros dos temas que se tratarán neste obradoiro de defensa persoal para mulleres. A edil de Benestar Social animou ás mulleres de Narón ás que se dirixe esta iniciativa a que se inscriban na mesma. “O pasado ano tivo un gran éxito de acollida entre a veciñanza, e consideramos que é un obradoiro no que se tratan temáticas, técnicas e pautas moi importantes para que adquiramos unha base na área de defensa persoal, sen ser preciso ter coñecementos previos na materia”, recalcou Lorenzo. A concelleira subliñou que a través de iniciativas como esta “as mulleres aprenderán a autoprotexerse de cara a unha posible agresión, a gañar un tempo usando esas técnicas no que poder pedir axuda e mesmo escapar”.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal