Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NA ACTIVIDADE BICIESCOLA QUE SE IMPARTIRÁ O VINDEIRO MES DE FEBREIRO
O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, e José Fresco, de La Fuga Cycling, presentaron esta mañá no Consistorio a iniciativa
Narón, 20 de xaneiro de 2025. O edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, e José Fresco, de La Fuga Cycling, presentaron esta mañá no Consistorio a iniciativa Biciescola, unha proposta impulsada a través do equipo de Educación Viaria de Narón e dirixida a persoas de entre 3 e 70 anos interesados en aprender a andar en bicicleta. O edil naronés indicou que o vindeiro mes de febreiro se levarán a cabo as clases, a cargo de monitores/as especializados, nas inmediacións do pavillón da Mocidade, na Gándara, ou en caso de choiva no propio pavillón. Establecéronse dous niveis, un de iniciación e outro avanzado, en función dos coñecementos previos de cada persoa. As clases terán unha duración de dous días, tres horas cada día, e impartiranse os sábados. O prezo é de 13,05 euros por participante –incluíndo seguro de accidente- e poderán acudir un máximo de oito persoas por cada un dos niveis. O representantes de La Fuga Cycling calificou esta iniciativa do Concello como “fantástica”, en canto que hai “unha gran sensibilidade de xente maior con falta de confianza para andar en bici”. Así mesmo, destacou que se trata “dunha aposta importante para fomentar a mobilidade noutro tipo de vehículo”. Pola súa banda, o edil de Seguridade Cidadá agradeceu a colaboración da empresa nesta e outras iniciativas municipais e tamén a oportunidade que brindará o último día a aquelas persoas que queiran aprender a manexar unha bicicleta eléctrica e coñecer de primeira man as súas capacidades. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse a través do mail: seguridadevial@naron.gal ou presencialmente na Oficina de Educación Viaria do Concello de Narón (na planta baixa do Consistorio). Para obter máis información sobre esta iniciativa tamén se pode chamar aos números de teléfono 600 448 730 e 666 438 222.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal