Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Historia

9 A REVOLTA IRMANDIA

Dirixida posiblemente polo fillo de Pedro Fernández de Ferrol, Roi Paas (de Mandiá e Parga) alcumado seguramente Roi da Xorda ou Roi Xordo. Tras o frustrado intento de captura de Nuño Freire en Ferrol, o rei Juan II, indutor tácito do alzamento, antes de dirixirse á fronteira granadina confiaba aínda en organizar en Betanzos un amaño pacífico entre as dúas partes, que fracasa ao non ceder os Irmandiños nas súas exixencias.

Tras algunos éxitos iniciales de la "Irmandade" detenida ante las murallas de Santiago donde se refugiara Nuño Freire de Andrade, este, con el apoyo del Arzobispo D. Lope de Mendoza y los castellanos del corregidor D. Gómez García de Hoyos, los derrota y sorprende también en Pontedeume a los sitiadores de su castillo que, perseguidos, en su huída serían asesinados sin piedad. Con Nuño estaba Pedro Fernández de Andrade. Muchos ferrolanos como recoge la protesta de Pedro Padrón serían ahorcados en una sangrienta represión.

No século XIV vería outra revolta máis e tamén outra derrota dos oprimidos na que, de novo estaban implicados os Mandiá (o notario da villa de Ferrol Ioan Fernández), e de novo apoiados inicialmente ( Xuvia e Pedroso enviaron a Lugo en abril de 1468 un procurador cunha petición de confirmación e unha sobrecarta deste rei D. Enrique) e abandonados logo polo rei Enrique IV. Fracasada a revolta, ambos mosteiros, San Martiño e San Salvador perden os seus priores.

A casa de Andrade pasará a controlar os ingresos do mosteiro de Xuvia. Por unha cifra ridícula de catrocentos mrs. anuais Diego de Andrade e María das Mariñas obteñen, tras o cambio de prior en Xuvia, no 13 de xuño de 1472 o dereito de padroado, presentación e gozo directo dos beneficios de Ferrol, Serantes, Brión, Doniños, Esmelle, Mariña, Cobas, Vilar, Cerdido, Barbois, Moeche, Grandal, Perbes, Andrade, Narón, Franza, San Mateo, más as principais herdades do mosteiro: Casal de Johane dos Abruñeiros, Casal das donas (o Vilar), Casal de Insoa e Anido (Ferrol), Casal de Pedros, Casal de Cambre (Lubre), Chantelos (Mea), Casal de Caranza, etc O Mosteiro de Xuvia quedaba arruinado pasando á Casa de Andrade o groso do seu patrimonio.

A reforma dos reis católicos acabará definitivamente co protagonismo dos mosteiros de Xuvia e Pedroso. Cos despoxos do pretérito xigantismo Xuvia sobrevivirá longamente, dependendo agora do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, e aínda vería momentos de esplendor. O Mosteiro de Pedroso arruínase ao longo do século XVI chegando a desaparecer fisicamente. Entre as protestas dos moradores do seu coto, anexionado a S. Martín de Mondoñedo e logo á propia Catedral, a pesar da oposición e preitos dos seus moradores que se consideraban lexitimamente de realengo, as xurisdicións dos cotos de Pedroso foron vendidas pola Sede Mindoniense aos mellores ofertantes: A casa dos Andrade de San Sadurniño

Volver


<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal