SINATURA DUN CONVENIO COA FUNDACIÓN TERRA DE TRANSANCOS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS DIRIXIDAS A PERSOAS MAIORES
Narón, 15 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Fundación Terra de Trasancos, José Benito Castro, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Cultura, acompañados polo Concelleiro da área, Guillermo Sánchez Fojo.
O acordo contempla o desenvolvemento de diversas actividades na parroquia de O Val, contando coas instalacións desta entidade, situadas xunto á Cooperativa de O Val. En concreto, utilizaranse as instalacións da Fundación para desenvolver o programa municipal de maiores e as súas actividades, así como actividades culturais, deportivas, de participación cidadá e calquera outra de carácter municipal, cando éstas non se poidan desenvolver no Local Social Municipal de O Val.
O Concello realizará unha achega económica de 15.000 € para levar a cabo este programa de actividades dirixido ás persoas maiores. Ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013).