O CLUBE CAMPOMAR ACOLLE ESTE FIN DE SEMANA O IV TORNEO DE GOLF "CIDADE DE NARÓN"
Forma parte da Semana de Golf de Narón, que acollerá o clube situado en O Val do 28 de Xuño ó 5 de Xullo.
Narón, 27de Xuño de 2008.- O Padroado Municipal de Deportes destinará unha subvención de 32.000 euros para a celebración do IV Torneo do Concello de Narón, que forma parte da II Semana de Golf de Narón, presupostada en 65.800 euros.
O IV Torneo de Golf se celebrará os días 28 e 29 de Xuño, e poderán participar tódolos xogadores/as con licencia e handicap en vigor da Real Federación Española de Golf –a organización agarda a presenza aproximada de 140 golfistas neste concurso-. A fórmula de xogo é 18 buracos Stableford, e haberá tres categorías diferentes segundo o hándicap dos golfistas (ata 14, de 15 ata 25, e de 26 en adiante), que se disputarán un total de cinco premios. As inscripcións poderán realizarse ata o 27 de Xuño, no Club de Golf Campomar, chamando ó 981 45 39 10. O prezo da mesma é de 25 euros para socios e 60 euros para os non socios.
Dentro da segunda edición da Semana de Golf, por primeira vez organizarase un Campeonato Infantil que terá lugar o 2 de Xullo e no que os nenos da escola infantil do Clube Campomar xogarán un campeonato a 9 buracos. Tamén están convidados os nenos dos colexios de Narón, que gracias ó convenio firmado entre esta sociedade e o Concello, asistiron nos últimos meses ás clases de golf levadas a cabo no clube naronés.
O cronograma de actividades inclúe ademáis a seguinte programación:
- II Xornada de Iniciación ó Golf (días 30 de Xuño e 1 de Xullo).
-II Xornada de Golf Adaptado, para persoas con discapacidade. Está prevista a asistencia de alumnos da Escola Nuestra Señora de Chamorro (día 2 de Xullo).
-Clinic para socios e convidados, no que dous Mestres de Golf farán exhibicións a tódolos socios e convidados (o 4 de Xullo).
- II Pro-am Nacional, na modalidade Screamble, contando coa participación dos mellores profesionais de Galicia -algúns dos cales xogan en circuito europeo- (5 de Xullo). Participarán tamén os 4 primeiros clasificados no IV Torneo Cidade de Narón.
O Campo de Golf “Campomar” está situado na parroquia naronesa de O Val e foi inaugurado fai catro anos. Neste tempo incrementou os seus servicios, abrindo por exemplo unha Casa-Club coa axuda dos fondos europeos do Plan Proder. A Semana do Golf está concebida pola directiva deste clube coma unha homenaxe ó esforzo dos seus socios –que a día de hoxe superan os 200 membros-, e tamén do Concello de Narón polo apoio que ven prestando a esta sociedade deportiva dende os seus inicios.