Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU COS EDÍS DE DEPORTES E OBRAS OS TRABALLOS DE CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE TIRO CON ARCO NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
Marián Ferreiro avanzou que, según as previsións da empresa, as novas instalacións estarán operativas este mesmo verán
Narón, 11 de xullo de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e os edís de Deportes, José Oreona, e Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse ás obras do novo campo de tiro con arco que o Concello constrúe nunha parcela de titularidade municipal do polígono de Río do Pozo. As novas instalacións deportivas municipais suporán un investimento que ronda os 30.000 euros e estarán operativas este mesmo verán, atendendo á evolución dos traballos e ás previsións que manexa a empresa adxudicataria. Ferreiro explicou que se trata dun campo que se poderá utilizar para a práctica de tiro con arco, tanto no que respecta a adestramentos como para celebrar competicións desta modalidade deportiva. “Trátase dunha pista cunhas dimensións de 100x75 metros e que está nunha ubicación con excelentes conexións dende a autovía”, apuntou a alcaldesa. A rexedora local asegurou que “coa construción destas instalacións deportivas dende o goberno local continuamos ampliando a oferta a disposición das nosas veciñas e veciños, co fin de garantir un espazo propio, neste caso ás persoas que practican tiro con arco, para gozar deste deporte”. Así mesmo, Ferreiro agradeceu “a colaboración que tivemos en todo momento dende o Club Arco Narón para deseñar estas instalacións, necesarias para a práctica deste deporte e tamén a súa comprensión porque ata este ano non foi posible levar a cabo esta actuación, que moi axiña será unha realidade e estará a disposición das nosas veciñas e veciños”. A administración local acometeu outros investimentos na mellora de instalacións deportivas municipais, como o reforzo do muro do estadio municipal de Río Seco, donde tamén se investiu na iluminación das gradas, o pintado da barandilla, saneamento de soportes das vallas de salto… Así mesmo, acometéronse intervencións en Campo da Serra e no pavillón das Lagoas –control da lexionela-, na compra de material para pintar espazos do polideportivo da Gándara, reparación do pavillón da Mocidade, incremento da potencia no campo de fútbol do Val, etc. En conxunto, dende o Concello destináronse 80.000 euros á construción de novas instalacións deportivas e mellora das existentes. “Queremos que as nosas veciñas e veciños poidan utilizar as instalacións deportivas da cidade nas mellores condicións posibles e, sempre que sexa posible, ofrecer outras novas para a práctica de deportes como neste caso o tiro con arco”, apuntou Ferreiro.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal