Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DE GALICIA ACOLLE HOXE OS ACTOS CENTRAIS DO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Ao longo do día sucederanse varios espectáculos e obradoiros e poderase ver diverso material da Biblioteca municipal
Narón, 22 de outubro de 2022. A música e os libros foron esta mañá os protagonistas no acto central do Día Internacional das Bibliotecas que se celebra hoxe na Praza de Galicia. O Concello deseñou un completo programa para festexar esta data, que comezou ás 11.30 horas cun espectáculo de narración oral e monicreques protagonizado por Bea Campos, “Os tres osos”. Numerosas persoas acudiron a ver esta proposta, dirixida a bebés de 0 a 3 anos e no que durante media hora se narrou o conto dos tres osos. A segunda das propostas matinais foi “A grandeza do pequeno”, que ás 12.30 horas protagonizo Iseo Agilda para menores a partir de 4 anos. As nenas e nenos interactuaron coa protagonista desta peza, na que se fai comprender ao público que o que nos fai grandes ou pequenos non é o noso tamaño senón a nosa capacidade de soñar e tomar decisións. Esta tarde retomarase a programación ás 17.00 horas, co obradoiro “Querida poeta”, para menores a partir de 5 anos. A poeta María Lado dinamizará este obradoiro de creación de postais con poemas e técnica de collage dirixido a trinta persoas e que require inscrición previa. A representación teatral, “A máquina do tempo”, a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos, que dará comezo ás 18.30 horas, pechará a programación desta xornada, ilustrando dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Pepablo Patinho e Montse Piñón realizarán un percorrido pola historia a través de dous chamativos personaxes, a doutora Mon e o seu axudante Pe, que vivirán diferentes épocas da historia. Baixo a carpa tamén as nenas e nenos tiveron a oportunidade de pintar láminas con diferentes ilustracións nunhas mesas instaladas para a ocasión, ler en colchonetas… e habilitouse ademais un espazo con publicacións da sección de adultos, información xeral, prensa, novidades de adultos, unha sección infantil, novidades infantil, entre outro material da Biblioteca Municipal de Narón.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal