Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERA ESTE VENRES A PRESENTACIÓN DO LIBRO "EL TREN DE LA POESÍA", DE MAITE GASCÓN
O acto desenvolverase na sala de usos múltiples a partir das 18.30 horas, tal e como avanzou a edil en funcións de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo
Narón, 7 de xuño de 2023. A sala de usos múltiples da Biblioteca municipal acollerá este venres, día 9, ás 18.30 horas, o acto de presentación do libro “El tren de la poesía”, a primeira obra de Maite Gascón. A edil en funcións de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, explicou que a obra está inspirada nos autores e autoras da Xeración do 27. A firma “Diversidad literaria” edita este libro, especialmente orientado, tal e como indicou a autora, a espertar o gusto pola poesía entre os menores de entre 6 e 8 anos. A autora ten pendentes de edición outros tres libros de poesía infantil e dous poemarios para persoas adultas. Taibo animou á veciñanza a acudir á convocatoria, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal