A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBA OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2012 
        
          
            
          
          O documento contable, que ascende a 28,2 millóns de euros, foi aprobado sen nengún voto en contra.
          Narón, Xoves 29 de Decembro de 2011.- A Corporación Municipal de Narón aprobou hoxe (cos votos a favor do goberno municipal, formado polos partidos TEGA, PSOE e BNG, e a abstención do PP e de Converxencia Galega) o Orzamento do Concello de Narón para o ano 2012, que ascende á cantidade de 28.275.226€, tanto en gastos como en ingresos.
O resume do orzamento aprobado no Pleno de hoxe é o seguinte:
Orzamento de ingresos
      Capítulo	Ingresos
1.	Impostos directos	11.532.000€
2.	Impostos indirectos	380.000€
3.	Taxas e outros ingresos	4.798.200€
4.	Transferencias correntes	9.019.394€
5.	Ingresos patrimoniais	130.103€
6.	Alleamento de inversións reais	0,00€
7.	Transferencias de capital	594.029€
8.	Activos financieiros	71.500€
9.	Pasivos financieiros	1.750.000€
      TOTAL	28.275.226€
Orzamento de gastos
      Capítulo	Gastos
1.	Gastos de persoal	7.814.601€
2.	Gastos bens e servizos	11.932.120€
3.	Gastos financieiros	960.752€
4.	Transferencias correntes	2.692.912€
6.	Inversións reais	2.561.865€
8.	Activos financieiros	71.500€
9.	Pasivos financieiros	2.241.473€
TOTAL	28.275.226€
Ademáis do Orzamento do Concello, hoxe tamén foi aprobado o Orzamento do Padroado de Cultura para o exercicio de 2012, que ascende á cantidade de 1.322.750€. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, felicitou a tódolos grupos políticos por ter chegado a un certo nivel de consenso que permitiu aprobar os Orzamentos sen nengún voto en contra “o que demostra que en Narón temos unha forma diferente de facer política”; declarou o rexedor.
Outro dos acordos aprobado hoxe foi a cesión ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) dun terreo municipal de 6.142 m2 de superficie, situado en Freixeiro, para a construcción por parte da Xunta de Galicia dun novo Centro de Saúde. Esta proposta, que foi aprobada por unanimidade, inclúe o compromiso do Concello de asumir a construcciónn de accesos rodados e peatonais ó centro de saúde, ademais das obras de abastecemento, saneamento, suministro eléctrico, alumeado e telefonía.
Coa cesión deste terreo, o Concello cumpre a súa parte do protocolo de colaboración entre o SERGAS e o Concello de Narón, aprobado polo Pleno Municipal na sesión celebrada o dia 18 de novembro de 2008. Ese acordo establecía a obriga municipal de ceder ó SERGAS unha parcela ordenada urbanísticamente para tal fin, e obter os permisos e autorizacións necesarios para as obras mencionadas. Para levar a cabo esta cesión, redactouse un Plan Especial de Dotacións, aprobado definitivamente polo Pleno o 24 de febreiro de 2011, a través do cal se ordenaron diversas parcelas e se iniciou a expropiación forzosa, polo sistema de taxación conxunta, dos bens e terreos necesarios contidos nese Plan.
Noutro orde de asuntos, hoxe foi aprobada a achega municipal para o mantemento das Escolas Infantís Municipais (EIM) de A Solaina, Piñeiros e A Gándara en 2011. Ésta tivo que incrementarse ó disminuir en 2.500€ por escola a subvención concedida pola Xunta de Galicia para este ano (pasando de 45.454€ para cada EIM en 2010, a 42.953€ para cada EIM en 2011), para restablecer así o equilibro financieiro da concesión destas escolas. O Concello aportará entón os 7.500€ resultantes da disminución da achega autonómica. Pero tamén deberá abonar outros 60.000€ para compensar a reducción de ingresos pola baixada das taxas fixadas polo Concello.