MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO EN REPULSA DO ATENTADO DE LONDRES
Persoal da corporación local e traballadores do Concello amosaron a súa repulsa a este suceso que tivo lugar onte, no que morreron catro persoas e resultaron feridas unhas corenta
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO DO PADROADO DA CULTURA DE NARÓN ESTREA A OBRA "SERÁ POR CAMIÑOS"
A representación terá lugar o 23 de marzo no Pazo da Cultura a partir das 20.30 horas e as entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros
NOVOS DESVÍOS DE TRÁFICO NA GÁNDARA CON MOTIVO DAS OBRAS DO SANEAMENTO
A medida afecta a un tramo da rúa Concepción Arenal e desde a Concellería de Seguridade Cidadá agradécese a colaboración da veciñanza; así mesmo, solicitanse desculpas polas posibles molestias que poida ocasio...
A CANTAUTORA GUADI GALEGO INTERPRETARÁ NO PAZO TEMAS DO SEU DISCO "O MUNDO ESTÁ PARADO"
O concerto desta recoñecida cantautora galega terá lugar o 25 de marzo, a partir das 20.00 horas, e as entradas están xa á venda na billeteira do Pazo
O ALCALDE RECOLLERÁ EN MADRID O "PREMIO AO COMPROMISO COA SEGURIDADE VIARIA E A MOBILIDADE SOSTIBLE" CONCEDIDO POLA FUNDACIÓN DA CONFEDERACIÓN NACIONAL DE AUTOESCOLAS
A primeira edición destes premios valorou o programa "Aprende pedaleando", promovido polo Concello a través do Equipo de Educación Viaria de Narón
ALUMNADO DO COLEXIO VIRXE DO MAR VISITOU O CONCELLO DE NARÓN
Un total de vinte e dous escolares do centro reuníronse no salón de plenos co alcalde, José Manuel Blanco, e recibiron un libro como agasallo pola súa visita á Casa Consistorial
ALUMNADO DA ACTIVIDADE "O RECUNCHO DOS PEQUECHOS" VISITA O TALLER DE CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS DO PADROADO DA CULTURA
Nenas e nenos de 3 e 4 anos coñecerán as instalaciónS e realizarán coa axuda de monitores as súas propias trécolas, un instrumento tradicional galego
O PADROADO DA CULTURA PROGRAMOU CATRO ESPECTÁCULOS INFANTÍS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE DO ANO
O primeiro deles será "La reina de las nieves", da compañía Nooma Producciones e terá lugar o día 9 de abril ás 18.00 horas no Pazo da Cultura.